ADEA - La Asociación: ¿Por qué ser Socio?
Idioma: galego castellano Mapa do Sitio | Contacto
ADEA
INICIO | ASOCIACIÓN | CONTACTO TURISMO | FOTOGALERÍA | HISTORIA
 

TURISMO

flecha Turismo

flecha Fotogalería
flecha Historia

 
 
 

GUIA
flecha Distancias
flecha Enderezos

 
 
Inicio > Turismo

Turismo

Turismo en Val do Dubra

Hai tres rutas para tódalas idades polos recunchos máis fermosos do Concello. Este Concello Coruñés debe seu nome á coincidencia dos límites municipais coa conca do río Dubra que atravesa e conflue en Portomouro co río Tambre.

1. Ruta das Carballeiras

Lonxitud e dificultade: 4 km. Ruta circular en subida nos dous primeiros km, baixa de seguido cara o río. Pouca dificultade.

Lugar do comezo: Comeza en Bembibre, na Área Recreativa e Piscina Municipal a poucos metros detrás da Casa do Concello. Vóltase á Estrada Santiago-Carballo que atravesa a vila para cruzala e desviarse rapidamente á outra beira do río Dubra.

Comentario: Este camiño atravesa as fermosas carballeiras do río Dubra ó seu paso por Bembibre, chega ata as ruinas da ermida de S. Xoán Bautista e remata recorrendo as beiras do río, corrente arriba cara Bembibre, rematando novamente na mesma Área Recreativa. A piscina municipal, a zona de xogos infantís e o merendeiro constituen un lugar ideal para concluir este paseo.

2. Ruta do Río Dubra

Lonxitud e dificultade: 6 km. Pouca dificultade, ruta circular. Suaves subidas e baixadas despois dunha subida inicial constante de 1 km.

Lugar de comezo: Estrada de Bembibre a Santiago, a 2.900 m dende a casa do Concello. Comeza nuna pista de terra que se desvía na entrada a man dereita (dirección Santiago), sinalizada cunha baliza. Poucos metros máis adiante, nun espazo á beira da estrada, hai un panel informativo sobre a Ruta, xunto a unha parada de autobús.

Comentario: Gran parte da Ruta percorre a beira do río Dubra baixo un túnel vexetal de amieiros, freixos e salgueiros. Tamén podemos percorrer prados e leiras de gandeiros, tinguido de carballeiras e árbores de pinavetas.

3. Ruta do Río Tambre

Lonxitud e dificultade: 3 km. Trazado completamente liso. Camiño de ida e volta

Lugar de Comezo: Comeza en Portomouro, no campo da festa situado baixo a ponte, augas abaixo. Chegaremos aquí pola estrada que se toma á dereita e (dirección Santiago), nada máis pasa-la ponte. Poucos metros despois hai unha pista estreita en pendente cara ó río que nos levará ata o campo da festa.

Comentario: Breve pero fermoso paseo pola beira do río Tambre con carballeiras e castiñeiros, árbores de Ribeira e grandes fieitos. Ó final do camiño atoparemos a Área do Muíño de Rodas, e un pouco máis adiante, no peirao para embarcacións de remo. Ata o peirao poden acceder os vehículos que remolquen as embarcacións por unha pista sinalizada dende a estrada a Santiago, a menos de 1 km dende Portomouro.