ADEA - Turismo: Historia
Idioma: galego castellano Mapa do Sitio | Contacto
ADEA
INICIO | ASOCIACIÓN | CONTACTO TURISMO | FOTOGALERÃA | HISTORIA
 

TURISMO

flecha Turismo

flecha Fotogalería
flecha Historia

 
 
 

GUIA
flecha Distancias
flecha Enderezos

 
 
Inicio > Turismo > Historia

Historia

Historia de Val do Dubra

Os restos de antigas fortalezas e castros que se atopan neste municipio son indicios da antigüidade do mesmo.

O primeiro documento histórico que se conserva é o 'Cronicon Iriense', onde o rei Miro asignou esta terra chamada Dubriam á sede de Iria. Máis tarde cítase a este municipio como arcediagado do distrito de Trastámara na division do arcebispo Suarez de Deza.

No Antigo Réxime o municipio quedaba dividido en dúas xurisdicións: a de Buxán e a de Dubra. Esta última pertencía na súa maioría ó mosteiro de San Martiño Pinario. No 1016, este mosteiro recibiu a igrexa de Buxán como doazón do cabaleiro Arias César con tódolos bens que contiña. No 1835 o municipio pasou a depender do partido xudicial de Ordes e recibiu o nome de Santiago de Buxán ata 1960, data na que cambia seu nome polo de Val do Dubra.

A casa consistorial, estaba situada en Buxán a finais do século XIX, despois trasladouse a Corredoira (Bembibre) a principios do XX; na segunda década deste século estableceríase no lugar de Casal, en Niveiro, pasando a Bembibre no 1924; no 1931 trasladariase ó lugar de Taboada, instalandose definitivamente no 1958 no seu actual emprazamento.

A poboacion do val incrementouse rapidamente na primeria metade do século XX, malia a marcha de dubreses a outras terras, como Buenos Aires, onde se crearía no 1924 a "Sociedad Hijos y descendientes del Ayuntamiento de Bujan", que xa no 1929 contaría con cen socios. Entre 1950 (data na que os habitantes do val eran 6900) e no 1970 a importancia da emigración ocasionou un forte retroceso da poboación, da cal recuperariase lixeiramente, aínda que só de forma ocasional, para volver caer nos últimos anos, chegando a 1986 con 5335 habitantes.

Malia contar nesta última data con 901 emigrantes (case o 17% da poboación, ós que se lles adicou en Bembibre un monumento no 1984, obra de X. Castiñeiras), a volta de algúns, a proximidade á área económica de Santiago, e o aumento de vivendas respecto a 1970, aínda que practicamente o 90% da poboacion vivira en núcleos de menos de 100 habitantes, e só Bembibre superase os 500.

Os primeiras movementos industriais déronse no campo da electricidade mediante a concesión de diferentes aproveitamentos de auga para a produción de enerxía eléctrica con destino á industria e alumeado do municipio, tamén a actividade mineira no val será especialmente significativa nos anos 40, principalmente de wolframio, estaño e otros minerais como a ilmenita.

Por último debemos destacar as melloras que a concentración parcelaria dos anos 60 levaría consigo nas redes parroquiais dos camiños, con importantes inversións, trazándose novas liñas e de mellor calidade.

Val do Dubra hoxe

Superficie: 108,7 km2
Poboación:
4720 habitantes
Parroquias:
Arabexo, Bembibre, Buxan, Coucieiro, Ervinou, Niveiro, Paramos, Portomeiro, Portomouro, Rial, San Roman, Vilarino.

O municipio de Val do Dubra está situado ó norte da comarca de Santiago, a beiras do río Dubra. A súa capital municipal é Bembibre. Antes do 1960 era coñecido este municipio co nome de Buxán.

A poboación activa adícase maioritariamente ós sectores da construción e servizos. A pesar disto, a base da economía é o sector agropecuario. A industria ten pouca presenza na rexión, limitándose a pequenos talleres e fábricas. O sector servizos concéntrase no termo de Bembibre, onde se atopan os servizos educativos, sanitarios, etc.

Un lugar de reunión de Bembibre son as feiras, que se fan o primeiro luns e o terceiro martes de cada mes. Unha das de máis importancia é a que se celebra con caracter anual a principios de abril.

Pode atopar máis información de interese en www.Comarcadesantiago.com
e www.valdodubra.com