Axenda
18 de Novembro de 2011 - CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL
A Asemblea Xeral de socios terá lugar o vindeiro Venres 18 de Novembro, no Hotel Camiño de Santiago sito na Rúa Arcai nº 42 de Bembibre, ás 21.00h. en primeira convocatoria, e ás 21.30h. en segunda convocatoria.
Ver CARTA
9 e 10 de XULLO de 2011 - 1º Congreso de EMPRESARIOS DO MEDIO RURAL:
ADEA organiza o 1º Congreso de Empresarios do Medio Rural. Terá lugar en Bembibre os dÃas 9 e 10 do vindeiro mes de Xullo. Neste Congreso tocaranse temas/problemas que existen no Rural asà como as posibles solucións dos mesmos. Contaremos coa presenza de diferentes persoas da Administración Autonómica e empresarios rurais que fixeron dos seus productos un éxito a nivel internacional. Informaremos máis detidamente coa publicación no vindeiro mes do programa do Congreso.
Ver Programa
12 de Marzo de 2011 - HOMENAXE A DONA ESTHER RIVAS E DON MANUEL SANTOS:
Realizarase por mor da súa destacable labor docente no noso municipio.
Dito acontecemento terá lugar o dÃa 12 de Marzo no restaurante Os Arcos en Rial, ó longo dun xantar feito para tal ocasión. Para poder asistir ó mesmo haberá que mercar o bono ou ticket nos diferentes establecementos hosteleiros do concello.
26 e 27 de Marzo de 2011 - EXCURSIÓN A VALDEORRAS:
Adea organizou para o próximo mes de Marzo unha excursión á Comarca de Valdeorras. Levarase a cabo a fin de semana do 26 e 27 de ese mes, no que se visitará O Barco de Valdeorras, en concreto o acondicionamento da ribeira do RÃo Sil máis a Bodega Casal de Furcos. >
Ler +
13 de Xaneiro de 2011 ás 21:30 en Val do Dubra:
Terá lugar unha reunión organizada por ADEA, das asociacións do Concello de Val do Dubra co resto das asociacións dos Concellos afectados polo Plan Move. Nesta reunión tomaranse as medidas oportunas para facer que a Xunta axilice este proceso e engada a estrada Portomuro-Carballo en dito plan.
No próximo mes de Xaneiro 2011:
Sairá un novo BoletÃn no que aparecerán as actividades que levou e está levando a cabo ADEA.
|