ADEA - Asociación dubresa de Empresarios y Autónomos
Idioma: galego castellano Mapa del Sitio | Contacto
ADEA
INICIO | ASOCIACIÓN | CONTACTO TURISMO | FOTOGALERÍA | HISTORIA

LA ASOCIACIÓN

flecha Quiénes Somos
flecha
Nuestros Asociados
- Construcción
- Fabricantes
- Detallistas
- Servicios
flecha
¿Porqué ser Socio?
flecha
¿Cómo ser Socio?
flecha
Estatutos
flecha
Demandas de Empleo
flecha
Ofertas de Empleo
flecha
Links de Interés
flecha
Rincón de Prensa

 

div

  GUIA
flechaDistancias
flechaDirecciones
 

flechaFONDOS PÚBLICOS

Proyecto cofinanciado por:

xunta
avanza
gobierno españa

Colabora:
deputacion coruña

 
Inicio > La Asociación > CAMPAÑA PROMOCIÓN COMERCIAL 2010 > Bases do Sorteo
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN COMERCIAL
VAL DO DUBRA 2010
promocion comercio 2009/10

BASES DO SORTEO

1. ¿EN QUÉ CONSISTE?

Trátase dun sorteo de varios premios:

1.1. Unha viaxe para dúas persoa a Canarias, con un tope de 1000€ de custo.

1.2. Un lote de compra de productos e servizos en calquera das empresas participantes na campaña, por importe de 600€.

1.3. Un lote de compra de productos e servizos en calquera das empresas participantes na campaña, por importe de 300€.

1.4. Un lote de compra de productos e servizos en calquera das empresas participantes na campaña, por importe de 200€.

2.¿QUÉN ORGANIZA?

O sorteo corre a cargo da Asociación Dubresa de Empresarios e Autónomos, ADEA, con C.I.F. G-15892904, e domicilio social na Rúa San Lorenzo nº 20- Bembibre, concello de Val do Dubra; con oficinas sitas en Rúa Corredoira s/n- e teléfono 981.889.517.

3 .¿QUÉN PODE PARTICIPAR NO SORTEO?

3.1. As empresas e comercios participantes posúen rifas, que entregarán ós seus clientes cando estes realicen compras.

3.2. Non poderán ser premiados en rifas da propia empresa, os empresarios autónomos, Administradores e socios das empresas participantes, así como familiares destes en primeiro grao (pais, fillos), pero si poderán resultar premiados se teñen rifas doutro comercio ou empresa que non sexa a súa.

4. DURACIÓN DA CAMPAÑA

A campaña durará dende a entrega das rifas ás empresas e comercios ata o día 10 de xaneiro de 2011 inclusive.

5. ¿QUÉ EMPRESAS PARTICIPAN?

Aquelas empresas, socios de ADEA, que se comprometan previamente na campaña, posto que terán que abonar un mínimo de 60€ cada unha.

6. ¿CANTAS RIFAS ENTRAN NO SORTEO?

Cada empresa terá un mínimo de 400 rifas á súa disposición. Tamén poderán dispoñer de máis lotes de 200 rifas facendo máis aportacións. Por cada lote de 200 rifas a maiores terá que aportar 30 euros (200 rifas por 30 euros, 400 rifas por 60 euros, etc.)

7. PROCEDEMENTO DO SORTEO

7.1. O sorteo levarase a cabo ante notario o día 12 de xaneiro de 2011.

7.2. O primeiro número será o premiado coa viaxe, o segundo co lote de compra e servizos de 600 euros, o terceiro co lote de compra e servizos por 300€ e o cuarto e derradeiro será o premiado co lote de compra e servizos de 200€.

7.3 .Seguidamente elixiranse tres números suplentes para cada premio.

7.4. Segundo o método empregado pola notaría para levar a cabo este sorteo, os resguardos das rifas non serán necesarios e polo tanto non serán recollidos.

8. PREMIOS

8.1. Disporase do prazo de 30 días, dende a data do sorteo, para presentar as rifas premiadas, a presentación das mesmas fóra deste prazo fará que estas non se teñan en conta.

8.2. Os números premiados co sorteo así como os números reservas, exporanse nos comercios e no portal web da asociación www.adeadubra.com

8.3. A viaxe poderá realizarse no prazo de un ano en temporada baixa. No caso de que a persoa premiada desexe adquirir unha viaxe por importe superior, esta deberá aboar a cantidade que supere os 1000 euros, prezo da viaxe prevista. En este caso é necesario factura acreditativa da axencia a nome da asociación. Esta viaxe non poderá ser canxeada por diñeiro nin por lotes de compras e servizos. No caso de que a persoa premiada non desexe disfrutar do premio, poderá ceder o mesmo a unha terceira persoa, previa presentación dun escrito á esta entidade que confirme tal cesión.

8.4. Os lotes de compra e servizos deberán adquirirse no prazo máximo de tres meses dende o sorteo, e ningún deles poderá ser cambiado por diñeiro.

8.5. Os premiados cos lotes de compra deberán presentar á asociación os correspondentes xustificantes dos gastos.

8.6. A entrega dos premios farase en acto público, de forma simbólica, representativa da entrega, debendo estar presentes os premiados ou, en último caso, un representante acreditado dos mesmos.

 9. ANULACIÓN DA CONCESIÓN

Calquera vulneración destas bases ou do espírito e finalidade, poderá dar lugar á non concesión do premio.

10. ÓRGANO ADMINISTRATIVO

O Consello de Dirección de ADEA será quen decida sobre calquera conflicto relacionado con este sorteo.

11. DEPÓSITO DAS BASES

As presentes bases estarán depositadas durante a campaña, na notaría de D. Carlos De la Torre Deza, notario de Santiago de Compostela, sita na Rúa Senra nº 13- 1º andar.